Realismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Realismo
Co termo realismo referímonos, en primeiro lugar, á posición adoptada no problema dos universais por quen defenden a realidade dos universais, ou sexa, por quen afirman que os universais existen realmente, e que tal realidade non pode reducirse ao conceptual (posición que defenden os conceptualistas) nin ao lingüístico (posición defendida polos nominalistas).

En segundo lugar, co termo realismo (en oposición a idealismo), referímonos á postura defendida por quen, no ámbito do coñecemento, defenden que coñecemos as cousas tal como son, sen que o suxeito cognoscente engada nada propio a tal coñecemento, (posición que denominamos realismo gnoseolóxico). No ámbito da metafísica, o realismo deféndeno quen afirman que as cousas existen fóra da conciencia, e independentemente da conciencia do suxeito. Neste caso, denomínase "realismo inxenuo", (por oposición a "realismo crítico"), a posición adoptada por quen defenden que o coñecemento é unha reprodución exacta e fiel da realidade. En xeral, a adopción do realismo gnoseolóxico acompáñase da adopción do realismo metafísico, aínda que é posíbel defender unha posición sen a outra.